LEMBRANDO Juan Canalejo
X. L. MÉNDEZ FERRÍN Moitas persoas pensaron nestes anos pasados que Juan Canalejo fora algún médico insigne ou algunha eminencia científica xa que lle daba nome a un dos centros hospitalarios máis importantes de Galicia, cal é o da Coruña. O silencio solerte dos que si que coñecían a índole e condición de Juan Canalejo e a cláusula de desmemoria que rubricaron aqueles que pactaron o actual réxime á morte de Franco foron factores que explican a aberrante denominación do hospital da Coruña até estes días en que a Consellaría de Sanidade, moi a contragusto e por orde de Madrid, decidiu mudala por outra neutra politicamente. E quen foi realmente Juan Canalejo? Os datos desde individuo, segundo leo aquí e acolá e segundo me contaron, serían os seguintes.
Fillo dun panadeiro da coruñesa rúa do Socorro (hoxe rúa Juan Canalejo, que o Concello deberá modificar), foi fascista de primeira hora. Sempre armado (oficial, ao parecer de Intendencia), Juan Canalejo era un moi activo elemento e todo tipo de liortas e violencias durante a República contra os partidos e asociacións democráticas e contra o sindicalismo que a Falange Española provocaba en toda Galicia. No segundo Consejo Nacional de Falange Española, J.A. Primo de Rivera nomeou o boticario de orixe celanovesa Fernando Meleiro xefe territorial de Galicia e este, á súa vez, designou o tenente Juan Canalejo, até entón das JONS da Coruña, xefe territorial de Galicia de Primeira Línea, a sección que mandaba as escuadras de choque. Esto ocorría en 1935, producidas polos falangistas en Galicia durante aquel ano até xullo do 1936 terían un responsable final chamado Juan Canalejo. Varias son as versións que ouvín contar da morte de Canalejo e todas coinciden en que ocorreu en Madrid. Segundo uns el cairía cando os acontementos do cuartel de la Montaña e segundo outros sería morto en razón das súas actividades terroristas na Quinta Columna. Unha última versión, na que vexo que agora se insiste moito, é a de que Juan Canalejo foi unha das víctimas dos fusilamentos de Paracuellos de Jarama.
Eu non coñezo unha historia completa da Falange Española en Galicia entes do 20 de xullo de 1936. E sen embargo este partido fascista constituiu unha formación moi ben organizada e compacta que combateu con todos os medios ao seu alcance ("dialéctica de los puños y de las pistolas") a legalidade de republicana, ocasionando destrozos e cometendo mesmo crimes de sangue antes da sublevación. Figuras como Juan Canalejo, e como Jesús Suevos (Ferrol), Mario Zaera (Lugo), Víctor Muñoz ou Manuel Sendón (Compostela), por poñer só algúns casos de notorios fascistas á española que dirixiron a Falange en Galicia, deberían ser estudadas á luz da socioloxía e da análisis histórica. Neste sentido, entendo que non debemos esquencer nunca Juan Canalejo nin o que el significou senón intentarmos comprender o horror que se precipita na memoria ao ser pronunciado o seu nome.

| |
| |
Suscribirse a: Entradas (Atom)